Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Santuario milagreiro da Nosa Señora de Rendal (Arzúa).

O Santuario e parroquia de Rendal é de moita sona nesta Galicia central, xa que a imaxe da Virxe é avogosa dos males e dores dos dentes, moas , do oído, e doutras castes de doenzas varias. Por esa faceta sandadora goza dunha especial devoción entre os veciños da contorna, que acoden fielmente á festividade que se celebra o día 5 de outubro.

Entre os fregueses, romeiros e ofrecidos existe a crenza de que mitigarán, e mesmo veranse curados das dores das moas, tocando as campás tirando da corda cos dentes. Para as dores de oído o santo remedio consiste en untar os dedos en aceite e pasalos polos oídos. Tamén o día da festa pasan os devotos por baixo do altar da Nosa Señora, para curarse de diversas patoloxías ou para cumprir promesas ofrecidas.

Este santuario e as súas virtudes milagreiras mesmo chamaron a atención dos membros do Seminario de Estudos Galegos, posto que a el se refiren no Terra de Melide (1933), no capítulo Folklore de Melide, da autoría de Vicente Risco e Amador Rodríguez. Recollemos literalmente o paragrafo no que a este se refiren:  “A Virxe do Rendal, na Arzúa, abogosa das doores de moas e mal de dentes. Ofércenselle pitos, que se venden despóis á puxa, e os doentes das moas, van tocar a campana da eirexa trabando a corda ou cadea cos dentes”.

[Texto remitido por Xurxo Broz e Cristina Vázquez, de Melide (A Coruña). Xullo de 2015]

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Hola esta un pouco corto,pois levo indo fai moitos anos e pedinlle pola saludé en varias ocasión e por ela ou concidencias da vida estou ben.

Enviado por Manuel Quintela o 27/08/2019 ás 20:51:57


Enviar comentario a este artigo: