Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Cama de san Xulián (Xiao) no Monte Aloia e as dores de cabeza

Rocha situada no cumio do Monte Aloia, en Tui (Pontevedra), preto da ermita  dedicada ao mesmo santo. Chámase cama de san Xulián, ou Xiao, porque se asegura que foi sobre esta pedra onde repousou o corpo sen vida deste santo. Neste lugar non medra a herba.

Esta cama de pedra, como tantas outras que hai polo país adiante, ten a virtude de favorecer a fertilidade de quen o precise. As parellas que non logran ter descendencia acoden a este lugar e fan o que é mester para reproducirse. Xunto ao burato, como se pode aprezar na fotografía, hai unha pedra independente que sirve de almofada para tal fin.

Quen se deite sobor dela apoiando a cabeza, remedia enfermidades como as migrañas e as dores nas cervicais. 

Roberto Gómez Gonzalez dinos que a súa avoa contáballe que antigamente os romeiros que padecían de dores de cabeza ían a pé ata a Cama de San Xulián no Aloia cunha tella do país na cabeza durante todo o camiño. Unha vez chegados alí deixaban a tella no tellado da capela e ían á Cama de San Xulián, sentábanse de costas ao burato e daban tres veces coa parte de atrás da cabeza contra a pedra e así milagrosamente aliviaba San Xulián estas dores. Di que lembra facer isto ao chegar á Cama de San Xulián.

Hai xa algúns anos fixéronse unhas catas arqueolóxicas arredor desta Cama e comentan que apareceron anacos de tellas rotas.

 


 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: