Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Milagre en Monforte: Orixe da festa do santo Antonio

Como cada 13 de xuño, os monfortinos e devotos de moitos outros lugares celebran a festa do santo Antonio de Padua ou de Lisboa, un frade portugués do século XII con sona de excelente orador. Morreu novo, apenas 36 anos, en 1231 e ao ano seguinte xa foi canonizado. É avogoso para emparellar, crenza coa que ironizou Rosalía de Castro cando escribiu: San Antonio bendito, dáme un home, anque me mate, anque me esfole…
No barrio de santo Antonio de Monforte de Lemos veñen celebrándolle a festa cada 13 de xuño desde, cando menos, principios do s. XIX.
Segundo conta Ricardo Rodríguez Vilariño de Barbeito en Monforte, sus monumentos, leyendas y tradiciones (1896) todo comezou no convento das Clarisas ou de Santa Clara, de Monforte de Lemos.
Di este cronista que a unha das abadesas do convento caéronlle no pozo da horta uns lentes e un chaveiro, e que por máis artimañas que intentaron non os lograron recuperar.
Foi entón cando unha das monxas tivo a gran ocorrencia. Colleu unha imaxe pequena do santo, atouna no extremo dunha corda e deixouna caer ata o fondo do pozo. Aos poucos tiraron de soga e, ou milagre!, o santo regresaba co “obxecto perdido” na man(a fonte non precisa se era un ou os dous obxectos afundidos).
A partir do día do milagre, as monxas comezaron a celebrar a santo Antonio, igual que os veciños, que desde entón, ano tras ano, fan festa no seu honor.
Hai que lembrar que o chamado Responso de santo Antonio (véxase anexo) é moi socorrido para tratar de atopar cousas extraviadas.

Responso de Santo Antonio

Documento sonoro explicando os usos do Responso de Santo Antonio

Responso de Santo Antonio (outra versión)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: