Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Mosteiro e a Ponte de Carboeiro, obras do Demo

O mosteiro de Carboeiro, en Silleda (Pontevedra, un dos máis ricos de todo o país, pasou por grandes dificultades durante a súa construción xa que os monxes tiñan moitos problemas para atopar os cartos para erguelo. Fartos de aturar a situación, decidiron facer un pauto co demo do que se encargou, un venres, o irmán Ramón. O demo levantaría o mosteiro entre o venres e o domingo e a cambio levaría canda el todas as almas que falecesen o derradeiro día. O demo aceptou, mais con moitas reticencias xa que sabía que os monxes posuían o salterio de San Cibrán ao que lle tiña verdadeiro pavor. Mais a sinceridade do irmán Ramón convenceuno. Cando rematou de erixir o cenobio, púxose a esperar a súa recompensa. Mais lonxe de cumprir o pauto, o abade botou man do salterio, producindo tal carraxe no diaño que este tentou derrubar o edificio. Pero o medo ao salterio e a rexa obra que fixera foille imposible asolalo. Cando séculos máis tarde o salterio foi levado a Toledo, o demo aproveitou a ocasión e soprou unha apavorante tempestade que converteu o mosteiro nas ruínas que vemos hoxe en día, cumprindo así a súa vinganza. A ponte que hai preto do cenobio, que atravesa o río Deza, tomou por ese feito o nome de Ponte do Demo.

[Texto e fotografía da autoria de Xabier Moure Salgado, en novembro de 2013]

Ver mapa más grande.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: