Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

San Cosmiño

»Tiña eu catro anos cando me levaron ó San Cosme [parroquia de Galgao, concello de Abadín (Lugo)]. Antes de chegar á capilla había unha pendiente que baixaba e outra que subía. Por aquí había un rego con un pontigo dunha chanta. Baixábase por este camiño hasta aquí e aquí había un pontigo pa pasar de pé e outros pasaban polo rego coas caballerías pero ¡ despois había unha subida pa subir hasta o santiño que, Virgen de la Clemencia, había que subir ós catro pés! ¡Moi pendiente!
Enriba había unha capilliña, moi pequena, pouco máis que esta cociña, cun campanillo coma se fora a campanilla duna vaca e cunha miguiña de campela así redonda, llano, no sitio onde estaba a capilla e alí era a capilla do San Cosme. Pero, desde abaixo do rego hasta a capilla era onde se facía, era onde a xente facia, ¿como se chama eso?; a ofrenda. Subían de rodillas e subían, en fin, descalzas e como se fose desde abaixo. Ó pasa-lo rego alí xa subían as mulleres de rodillas e homes e pequenos andando. Eu fun andando hasta alí e alí sacáronme os zapatos e subín descalzo. Teño 72 e tiña catro anos así que, mira os anos que hai que me fixeron ir descalzo ó San Cosme. Desde que pasei o pontigo, miña mai, en paz descanse, sacoume os zapatos e tuven que subir descalzo. Tamén subeu ela. E fumos ó San Cosme e nunca máis volvín; alí nunca máis volvín.
Despois, ó pouco tempo, deulle por vir ó San Cosme pra alí onde está a capilla. Polo lado de alá do camiño había unhos toxales moi grandes, onde está a capilla do San Cosme en Galgao había unhos toxales moi grandes. E un buen día apareceu o San Cosme no medio dos toxos... A xente que o veu avisaron unhos ós outros, avisaron o sacristán, o sacristán avisa ó cura, o cura xunta a xente, xunta o pedáneo, xunta o sacristán e non sei cantos máis, colleron o santiño e fórono levar á capilla. Ós poucos días, o San Cosme no mismo sitio.
—¡Ai, Jesús, o San Cosme é que escapa, non quere vivir acolá! ¡O San Cosmiño é que escapa, non quere parar aló nos Samordás! ¡Ten razón —na capilla chovía nela e a capilla estaba mal—, súa razón ten para escapar, probiño!
Bueno, colleron e volvérono levar. Ó outro día estaba alí outra vez.
—Pois nada, hai que facerlle aquí unha capilla. Non hai máis remedio. Hai que mirar que hai que facerlle aquí unha capilla.
Xa lle fixeron alí un capillo de madeira. Xa o meteron alí e non marchou, non. Mais tiña frío nela pero non marchou, non. E entre o cabildo e o pueblo e non sei quen máis, pois fixéronlle a dichosa capilla. E metérono nela e nunca marchou outra vez pra onde estaba.
[...]
—¿Nunca se soubo en que viña o San Cosme para alí?
—De cabalo do sacristán; ou do cura».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Cando se fixo a recollida, en outubro de 1992, o "vello" non era tan vello; contaba 71 anos. Agora xa non conta contos nin anos.


Enviado por Galicia Encantada o 04/10/2009 ás 10:18:20


a actual igrexa e do 1925 asi q o vello debia ser ben vello

Enviado por un devoto do santo o 28/09/2009 ás 2:57:40


Enviar comentario a este artigo: