Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Aria, unha tempestaria asturiana do século XII

Nun manucristo de finais do século XII ou principios do XIII coñecido como “Narratio de Reliquias a IIyerassolyma Ovetum usque translatis” no que se narra o traslado das Santas Reliquias de Xerusalén a Oviedo, fálase da primeira nubeira asturiana da que hai noticia, unha muller chamada Aria que declara que na súa vida pagá exercera como tempestiaria. A tal Aria, logo de ser exorcizada e bautizada na catedral de San Salvador polo bispo Gunscellus, conta que uns sete anos antes viaxara polos aires gobernando o trebón e provocara en pleno agosto unha treboada tan grande sobre Oviedo que lles chegaba a auga ata os xeonllos aos veciños.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: