Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Cruz da Graña, cruceiro xiratorio que indica onde houbo un tesouro

Localización: Zarro de Pedro, no Monte Chao de Fornos, a carón dunha encrucillada.
Parroquia: Logares (santo André)
Concello: A Fonsagrada (Lugo)

Este cruceiro xiratorio (conta cun mecanismo que o permite), atópase a carón dun cruce de vías como o chamado Camiño Grande que tiveron grande importancia en épocas pasadas.
Desde o punto de vista simbólico, algunha das imaxes representadas varía con respecto ao común pois, en vez da Virxe María, a imaxe que hai no anverso da cruz é a de santa Bárbara, avogosa contra o raio e as treboadas.
Cren os expertos que este cruceiro, ademais de ser un elemento de protección do camiño e dos viaxeiros, cumpría funcións de comunicación ou de centro de referencia para practicar determinados ritos.
Tendo en conta que é xiratorio, interprétase que cando a figura de Xesús Cristo mira para o camiño indicaría seguranza no tempo e na viaxe; en cambio, se fose a de santa Bárbara a que mirase o camiño, era sinal que anunciaba mal tempo climatolóxico e outros perigos.
A orixe lendaria deste cruceiro conta como un home que viña desde Quiroga recibiu nunha pousada información exacta, con plano e todo, da localización dun tesouro.
Co tesouro que atopou construíu a Casa Grande da Graña, en Chao de Fornos, e en lembranza e agradecemento mandou facer e colocar o cruceiro da Cruz da Graña onde agora está.

Foto:

Escaneada do artigo que se cita na bibliografía



BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: