Festas e mitoloxía relixiosa
CATEGORÍAS RELACIONADAS
O Castro de Pena Tallada
A 628 metros de altitude sobre o nivel do mar, o castro sitúase na aldea do Fabal, no lugar coñecido como a Reboleira de Pena Tallada e Santa Catarina, na parroquia de Vilasante, concello de Cervantes (Lugo).
Consérvanse restos de vivendas, murallas, foxos e aterrazamentos. Foi cristianizado coa construción dunha capela posta baixo a advocación de Santa Catarina; a imaxe foi trasladada á capela do Pazo do Fabal no ano 1726, ao sere derrubada a primitiva ermida. A Pena Tallada, cunha fenda de máis de 15 metros de altura, protexe o castro polo norte, polo único sitio onde non tiña protección xeográfica natural.
Dise que existe un túnel polo que baixaban os mouros ata o río para que bebesen as cabalarías e para fuxir eles mesmos cando había liortas; abaixo no río hai un gran barcal feito na pena para que bebesen sen ser vistos.
[Texto remitido por Xabier Moure Salgado, de Becerreá (Lugo). Marzo de 2013]