Festas e mitoloxía relixiosa
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Cova de San Xoán Vello de Covas
A Cova de San Xoán Vello está na parroquia de Covas, concello de Viveiro (Lugo), onde chaman Concha ou Porto de Escourido.
Cóntase que a orixe do nome ten que ver coa aparición no lugar, unha Noite do San Xoán, dun home de cabelo e barba branca, vestido cunha túnica e cunha vara ao lombo. Se cadra, dise, o vello era o mesmísimo San Xoán, que seica estivo alí convivindo con outras xentes. Por iso se escolleu como santo padroeiro da parroquia.
Tamén se conta que desde aquela aparición non sucederon máis naufraxios naquela zona polo que a cova, ao dicir dalgúns, foi usada por moito tempo como templo dedicado ao santo patrón.
En 1738 construíuse unha nova capela e trasladouse o culto ao Coído Vello, onde, despois de varias reformas e ampliacións, aínda sigue agora a igrexa parroquial.
Conta a lenda que a igrexa do santo vello foi asolagada, engulipada polo mar da Concha, mais non a imaxe (da construción?, do santo?) que aínda se albisca reflectida sobre a auga cando a preamar das mareas máis grandes.
Unha orixe do chamado soño de San Xoán
Tamén se dá conta domotivo polo que a imaxe do San Xoán que hai na igrexa parroquial ten un lagarto no lombo. Cando o santo andaba polo deserto, mentres durmía apoiado nunha pedra, o lagarto subíuselle enriba e xa non baixou. Quen o ve di que dorme coma un anxiño.