Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O reparto de Lume de Suso

Lume de Suso é un lugar dividido entre as parroquias de Castro e San Xusto do concello de Coristanco (A Coruña).
A orixe do reparto é antiga e ten a orixe nunha discusión entre os santos padroeiros de ambas parroquias, San Xulián de San Xusto contra Santa Baia de Castro. Primeiro rifaron pero sen resultado e entón acordaron ír á pillota, a ver cal dos dous collía para si máis casas.
San Xulián equipouse moi ben, calzou botas altas e fortes; Santa Baia, en cambio, foi á disputa descalciña.
Pero, o que son as cousas, foi Santa Baia a que colleu máis casas para ela, pois San Xulián esqueceu que había que cruzar un camiño cun lameiro e coas súas botas pesadas quedou espetado alí. Só tivo tempo para coller dúas casas para si; as máis foron para Santa Baia.
Esta é a explicación polo que só dúas casas de Lume de Suso pertencen á parroquia de San Xusto e o resto á de Castro.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: