As campás da igrexa de San Xoán de Becerreá
Ata os anos setenta do pasado século existía na parroquia un ritual asociado ás campás da igrexa de San Xoán de Becerreá (Lugo). Cando morría unha persoa, o xeito de tocar á defunto variaba segundo o finado fose un home ou unha muller. Se era un home, a campá máis grande, alcumada de San Xoán, tocaba dúas veces seguidas, e a pequena, de nome As Candelas, unha. Cando a falecida era unha muller, a campá pequena daba dúas badaladas seguidas e unha a maior.
[Texto e fotografía de Xabier Moure Salgado. Decembro de 2011]