Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

As Festas do Santo

As Festas do Santo celébranse os días 14 e 15 de setembro en honra do Ecce-Homo que se venera na igrexa parroquial de Cadoalla, municipio de Becerreá (Lugo). Ademais do ritual relixioso, durante uns días os veciños acostuman a montar uns casetos no Souto da Bouza de Saa (xunto a igrexa parroquial) ateigados de comida e bebida. O culto ao santo vén do ano 1727 cando o cura, don Xosé Valcárcel Quiroga, mercou a imaxe, pagando a metade en cartos e a outra metade en misas. En tempos, os fregueses acudían á igrexa con trigo ou centeo que logo era vendido para mantemento do santuario. Destes cartos, o párroco recibía unha parte xa que, segundo sentenza do Tribunal Eclesiástico de 1761, tiña dereito á quinta parte das esmolas que se recadaban durante o ano. Ao Santo acúdese para pedir un favor ou para agradecerlle un xa conseguido. Como protección, adoitábase arrincar unha estela da porta do templo e gardala na casa. Mesmo se conta que en máis dunha ocasión houbo que cambiar a porta por quedaren sen madeira.

[Texto e fotografía de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: