San Bartolomeu de Xove
A actual igrexa de San Bartolomeu de Xove (Lugo) mandouna construír aló polo século XV a marquesa de Limia que vivía co seu home na Rocha e como desde o seu pazo non podía ver a capela da Nosa Señora das Marabillas, mandou facer unha nova no Souto da Aldea.
En Xove dise que todos os anos chove o 24 de agosto, día de San Bartolomeu, porque en tempos de grande seca e despois de moitas rogativas, acordouse sacar a San Bartolomeu en procesión e mollarlle os pés nunha das poucas fontes que aínga pingaban un fío de auga. Por iso sempre chove o día deste santo.
BIBLIOGRAFÍA