Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O castelo de Tebra

«En Tebra hai un castelo que en tempos habitaba un señor moi déspota e moi poderoso, cun dominio sobre a terra e maila xente, ó que os vecinos lle tiñan que entregar as súas colleitas.
Un veciño, de nome Ponteciñas, negouse a entregarlle a súa. O señor decidiu encerralo na prisión do castelo. Como os demais veciños lle foran a pedir por el, o señor, ironicamente, propúxolles que se non morría, repartiría as súas terras entre eles.
Alí o tiña encerrado sen darlle de comer, coa idea de que morrese de fame. O tal Ponteciñas tiña unha filla que acababa de dar a luz. E esta tódolos días lle levaba algo de comer e dáballe de mamar por un ventanuco. Sen embargo, isto non era suficiente e o pobre Ponteciñas ía cada día a peor. Entón a filla suplicou que había que liberar a seu pai.
Entre a parroquias de Vilameán, San Salvador e Santa María decidiron xuntar bois e vacas, atarlles uns ramallos e levalos arrastro ata o castelo. Como era no mes de agosto, e había moito po nos camiños, co paso dos animais ergueuse unha poalleira enorme. E, como os animais ían berrando, o señor coidou que eran uns exércitos que acudían na defensa do Ponteciñas e decidiu deixalo ceibe; polo que o prisioneiro non morreu. Así foi como o señor non tivo máis remedio que cumprir a promesa de repartir os seus campos entre os veciños e estes quedaron libres do opresor».


→→Fragmento de "Roman Charity" de Giulio Bonasone. Coleccionista privado, Freiburg .




BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: