Actualizado en data 04/04/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Ponteciña

«Alá polo mil cincocentos e pico en Tebra mandaba un rei chamado Pedro Madruga.
No tempo do reinado de Pedro Madruga condenaron a un home chamado Ponteciña por non sei qué dunhas vacas. Foi condenado á goteira da Inquisición, que consistía en colocalo nun lugar determinado onde lle caía unha gota de aceite, outros din que de auga quente, co que o condenado morría a fame.
A filla de Ponteciña acababa de ter un neno e cando ía ver a seu pai amamantábao, alí sempre a cacheaban por se levaba comida e outra cousa non lle podían dar.
Pasados uns días o Ponteciña non morría e Pedro Madruga preguntaba todas as mañás se xa estaba morto.
Logo a filla foi casa por casa dicindo que tal día fosen a un campo chamado da Estoca con todo o gando que tivesen para trocalo polo seu pai. E así foi. Tal día xuntouse no campo todo o gando de Tebra e arredores. Mentres, no Castelo, o rei quería saber de quen era ese monte de gando. Un criado preguntou e contoulle ao rei que era do Ponteciña. Pedro Madruga, ao ver tanto gando, pensou que era dun home moi rico e soltouno».


→→Ilustración de Gerard Honthorst, Payne's Book of Art . Galleries of Munich, 1849
.



BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: