Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Monte Liboreiro (Loboreiro)

Nos Montes Xistro e Liboreiro (Loboreiro), en Bueu (Pontevedra) andaban a minar os mouros que foron expulsados do lugar polo apóstolo Santiago que, igual có tenente que o acompañaba, levaban canda si cada seu loro. O loro de Santiago dixo (1):
—Vén, vén, que por aí vas ben!
E o do tenente respondeu:
—Vai, vai, que por aquí non o vin!
Santiago derrotou aos mouros e expulsounos do Loboreiro a través do cabo Udra onde quedaron as pegadas dos cabalos nunha rocha.
Os mouros que vivían no Loboreiro eran tres e deixaron un manuscrito e unhas pedras cos seus nomes inscritos.

[Segundo as versión recollidas en 1993 polos alumnos Salvador Castro, Martín Agulla e José Budiño, do colexio Público de Bueu e publicadas na revista escolar “O Candil”, nº 15, decembro de 1997]

_____
(1). Nota sobre a variante que di que eran dous paxaros. Un pimpín que dixo “Por aí ben vin”, e un chaschás que dixo “Pôr aí non vas”.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: