Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

A Virxe das Neves de Suegos, Pol (Lugo)

Din que hai moitos moitos anos nevou en Suegos, concello de Pol (Lugo), o dia 5 de Agosto.
É por iso polo que todos os anos desde entón se celebra neste lugar o Día das Neves o 3 de agosto.

[Información de Nerea Magide Pásaro, de Suegos, Pol (Lugo). Abril de 2010]

En tempos moi antigos había unha ermida en Monciro, nun sitio coñecido como Vedro de Ermedica. Seguramente porque a ermida estaba xa deteriorada e quedaba lonxe, decidiuse baixar os santos da igrexa parroquial. Pero a Virxe non se acostumou na parroquia e apareceu novamente na ermida do monte. Todos viron nese feito a sagrada vontade da Señora de permanecer nas faldras de Monciro.
Así que o señor de Suegos decidiu construír unha nova capela no lugar onde caera unha gran nevada o 5 de agosto, que tamén se interpretou como desexo da Virxe de querer ser honrada alí. Lugar que se coñece como Agra das Neves.
Este é o orixen, según a lenda, da actual capela das Neves de Suegos. Concello de Pol (Lugo).

[Información de Alba Neira Pasarín, de Lea, Pol (Lugo). Novembro de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: