Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Cruz do Curro

No lugar do Curro, en San Estevo do Vicedo, á esquerda da pista que vai desde o cemiterio parroquial do Vicedo á estrada xeral, atópase un antigo cruceiro coas imaxes de Cristo crucificado e unha Virxe en posición orante.
O dono actual do cruceiro, Antonio Carreja (Toné), contounos a seguinte historia:
En tempos dun seu avó, os enterros que pasaban polo lugar adoitaban, como acontece na meirande parte dos casos, der a marcha á altura do cruceiro para rezar unha oración pola alma do defunto. Un bo día, o daquela cura párroco pediulle ao propietario que donara o cruceiro á igrexa, solicitude que caeu en saco roto. O párroco, afeito a que ninguén ousara levarlle a contra, non recibiu ben a negativa.
Como vingarse? A igrexa non podía permitir semellante aldraxe.
A resposta veu no seguinte enterro. O cura, como represalia, ordeou que os enterros non volveran a parar xunto a Cruz do Curro.

[Texto remitido por Xabier Moure Salgado, de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en abril de 2009]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: