Actualizado en data 04/04/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

San Tomé de Louredo

En Santo Estevo de Anllo, Sober (Lugo), hai un lugar que chaman Louredo onde houbo unha capela. Por alí cavaban viña os caldelaos e un día, parece que despois de beberen ben, foron visitar o santo á capela e por mofarse del dixéronlle:
-¡Vai traballar!-e puxéronlle as eixadas ao lombo.
Despois dixéronlle:
-¿Tes fame? ¡Pois ímosche dar un isco para comer!
Cando chegou a noite os caldelaos montaron na barca que tiñan no río e dispúñanse a cruzalo. Ah, pero ao chegar ao medio do río a barca non avanzaba. De alí non había maneira de pasala.
Entón foi cando un deles se deu conta de cal era o problema:
-Seguramente -dixo- anoxamos o santo. Temos que volver pedirlle perdón e lavalo.
Volveron xunta do santo, pedíronlle perdón e lavárono. Despois volveron coa barca para o río e cruzaron sen problemas para o outro lado.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: