Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pedra de San Lourenzo

    Chámase a Pedra de San Lourenzo, está en Renda, no lugar de Ai, parroquia de San Lourenzo de Nogueira, en Meis (Pontevedra). Situada á beira do camiño de terra que dá paso a unhas veigas, a uns 100 metros do camposanto, no límite do igresario. Dise que antigamente o mar chegaba ata alí e foi ata onde chegou o santo nunha barca. Atou a barca a esa pedra e por iso lle chaman a Pedra de San Lourenzo. Din que a quixeron mover do sitio porque estorbaba para labrar pero enfermaron todos. A lenda di que o día de San Lourenzo antes de saír o sol aparecen brasas arredor dela.

[Texto remitido por Rosa Mª Lede Rodríguez, de San Lourenzo, Meis (Pontevedra). Outubro de 2008]

Nota: É unha lenda amplamente coñecida por todos os vellos de San Lourenzo. A pedra está catalogada no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos en Patrimonio. Ten nove cazoletas na parte superior.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: