[Oración] Pai noso pequeniño (3)
Padrenuestro pequeniño
lévame por bo camiño
alá fun, alá cheguei
tres Marías encontrei
preguntando por Xesús
e Xesús estaba na cruz
na cruz e no altar
cos braciños a sangrar.
Tente, tente Madalena
non me vaias lastimar
que estas son as tres cruces
por ti, por min e por toda a cristiandá.
[Recompilado en Ducío, Arcos de Furcos, Cuntis (Pontevedra) por Maria j. Sanjiao Villanueva]
Observacións: De tradición oral foi pasando de avós a netos ata que o meu avó, Celestino Sanjiao Carballal, mo ensinou a min cando eu era cativa.
O meu pai ten unha versión diferente: Padrenuestro que ven o maestro co pau levantado, fuxide rapaces que ven rabiado.
COMENTARIOS ENVIADOS
Padre nuestro pequeniño,
Dios te leve o meu camiño,
alá fun alá irei, tres marias atopei,
preguntando por xesus,
xesus estaba na cruz,
cos pesiños a sangrar,
vai chamar a Magdalena que mos veña a limpiar,
Magdalena tente tente non me veñas lastimar,
ue estas son as cinco chagas que por ti ei de pasar.
Pequeniños e grandiños
a todos ei de salvar
Ainda que teñades mais pecados
do que areas hai no mar
Gracias!!