Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

[Romaxes] Os Remedios, A Ermida (Quiroga)

O santuario da Virxe dos Remedios está situado na parroquia da Ermida, concello de Quiroga (Lugo). A igrexa actual foi construída entre os séculos XVII e XVIII. No altar maior estivo o coñecido Crismón de Quiroga, peza paleocristiá de finais do século IV ou comezos do V, agora depositado no Museo Diocesano de Lugo. A orixe lendaria do santuario recollérona de fonte oral os investigadosres X. M. Blanco Prado e M. Rodríguez Sánchez , e di así: “A tradición conta que certo día, fai desto moito tempo, un home con moita sed achegouse a beber a iste riancho que pasa pola Ermida. Alí veu a unha Virxen tallada en pedra que estaba o pé da beira. Deu conta do acontecido na aldea e o pobo en asamblea decidiu organizar unha procesión levando a imaxen hasta a iglesia parroquial poñendoa dignamente nun altar. Así o fixeron. Pero o domingo seguinte cando foron oir misa, veron con sorpresa ca Virxen non estaba, desaparecera. Levado dun presentimento o que atopara voltou o riancho. Alí estaba a imaxen perdida. De novo organizaron outra procesión aínda mais solemne ca primeira e volveronna a levar a iglesia tomando cuidado esta vez de pechar o templo con chave. Foi inútil, novamente desapareceu pra ir parar xunto do riancho. Convencidos xa de que o desexo da Virxen era o de permanecer naquel lugar, ergueronlle alí mesmo unha ermida e desde entón tense quedado nela

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: