A caveira de Doade
Ilustración de X. Manuel Segade Rivas
Un veciño de Doade, Sober (Lugo) cruzaba de noite polo camposanto parroquial e viu un vulto, e saír del un relampo cativeiro como o dun lucecú; claro que era inverno e non era probable que fose este insecto a orixe daquela luz. Sen pensalo moito deulle unha patada e aquilo botouse a rolos, e mesmo lle pareceu que xemía un algo.
Chegou á casa e dispúxose a cear o que lle amañara a muller. Foi entón cando viu sobor do mesado unha caveira de morto.
O home, coma se nada, díxolle á caveira:
—Se queres cear dígolle á miña muller que se poña prato.
A caveira respondeu:
—Non, non quero cea, só veño para dicirche que non respetaches o meu descanso e que mañá irás facerme compaña ao camposanto.
BIBLIOGRAFÍA