Xoio
Xoio. Sollo. Soio. Enfermidade das reses de la cando as traba un lobo ou outra fera.
En Fumiñá, concello da Pastoriza (Lugo), para curar o soio fan nove cruces sobre o animal afectado, dicindo, ao facer a primeira raia da cruz: “Sácoche o xoio...”, e ao facer a segunda din: “...e métoche o folgo”
Hai lugares onde se denomina da mesma maneira a ferida provocada por dentada, e mesmo por unha pedrada, nunha persoa.
BIBLIOGRAFÍA