Medicina
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Porta do Sol
A Porta do Sol é unha penedía natural composta por dúas rochas de xisto que se localizan na Serra de Pin, no concello de Navia de Suarna (Lugo). Segundo informacións recollidas polo historiador Xabier Moure, estas pedras estiveron coroadas por outra a modo de lintel, o que explicaría a identificación cunha porta.
En determinados días do ano, cando o sol vai camiño do solpor os raios sitúanse entrambas xambas, o que converte o lugar nunha oportunidade para celebrar certos ritos e curacións.
Segundo conta o propio Xabier Moure, as vítimas do mal de ollo ou de sombra de morto quedan liberados deses males ao pasar nese preciso momento pola Porta do Sol.
Foto: Quintía Pereira, Rafael (2014): Os outros Portalén. Trilitos, unha nova expresión do megalitismo. SAGA. Revista Electrónica de Investigación. ͟͠͞[https://asombradebouzapanda.files.wordpress.com]
BIBLIOGRAFÍA