Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Webs/blogs que nos interesan: odenton.eu

Sabela Iglesias e Adriana P.Villanueva vimos dende a Illa Bufarda, produtora creativa, para adentrarnos neste proxecto.

Dende o 2012 habitamos este territorio creativo situado nun punto latitudinal do Mar Cantábrico que coincide cun eixo lonxitudinal do Océano Atlántico. Neste tempo adquirimos  experiencia na creación audiovisual, en todos os seus procesos, dende a idea á postprodución, tanto en formatos curtos como longos. Da Illa Bufarda sairon as longametraxes documentais “Fíos Fóra” e “Patrimonio Habitado”. Tamén fixemos a mediametraxe “Aberto e con fume” e curtametraxes como “Isaac, editor da memoria

Convidámoste a que collas esa chalana do peirao e nos visites para coñecernos mellor: www.illabufarda.gal

O DOCUMENTAL

Neste recuncho da Rede queremos compartir con vós o proceso de documentación e guión para a creación do documental O dentón, que xa se atopa na súa última fase de preprodución.

Esta longa documental decorre no fermento da curiosidade, pivota no noso cotiá como pobo e parte dunha premisa histórica e contextual da Galiza de mediados século XX. Unha codia que garda un miolo saboroso e delirante: outra historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época: a historia do dentón, tamén chamado caruncho do centeo.

Esta historia de historias esparexidas e conectadas, un tanto esquizofrénicas por veces, deixa un regusto amargo do pan de centeo de sempre, do pan con fariñas sen refinar, nesas fariñas da sabedoría popular nas que repousa a nosa historia que repercute traspasados océanos e desas historias das que aínda non somos de todo conscientes.

Dende que chegou á Illa Bufarda o eco desta historia espertou as nosas ansias de saber, de coñecer máis sobre este pequeno fungo que incidiu tanto na historia mundial.

Se recolliches, comerciaches, traballaches ou estudaches o dentón, convidámoste a que te poñas en contacto con nós.

Esta vai ser unha colleita de datos colectiva!

Queda moito para nos recoñecer, por sabérmonos, por reubircármonos no mundo.

O wolframio vexetal abriranos as portas.

A primeira fase deste proxecto está financiado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña. Co apoio do Museo do Pobo Galego, a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e a Asociación de Estudos Históricos e Sociais (HUME).

odenton.eu

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: