Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Medicina

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Doenzas e remedios: infección e dor de oídos

a).-Ir ao San Luís da Legúa (Asturias). O cura do lugar tiña un ferro aguzado (bastante longo; eu era un neno e pillei moito medo), metíacho no oído, dicía un rezo e, supostamente, curabas. Eu non curei.

b).-Ir segar herba a un prado ou lameiro e, se aparecía un niño de ratos, pillalos e cocelos en auga e, despois, botar desa auga no oído. Os meus pais non se atreveron a facermo.

c).-Rustrir aceite, collelo cunha casca de noz seca  e botalo no oído tan quente como se aguantase. Ao pouco tempo, rebentaba o oído, empezaba a supurar e “quedábase no ceo”. Isto si que me funcionou moitas veces.

d).- Cocer follas de nogueira e balocos (casca que contén a noz verde). Deixar arrefriar a auga e botala no oído. Isto tampouco chegaron a facermo

[Información de Toño Núñez, de Navia de Suarna (Lugo). Lugo, novembro de 2016]

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: