Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Medicina

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A pedras do orballo

Estas pedras chamadas “do orballo” que se poden ver na fotografía, ben gardadas entre algodóns, son da propiedade de Flora Luaces Vázquez, de Vilaestévez, na parroquia de San Xoán de Alto, concello de Lugo. Pertenceron á familia de Casa Gaioso desde, cando menos, o tempo dos seus avós.

Segundo a propietaria, úsanse para as picaduras, e contra os velenos de sapo, de serpe e de pinchorrra.

Se temos que usalas, hai que metelas antes en leite para que non rebenten e logo poñelas sobre a parte do corpo onde temos a picada. Mentres a pedra chucha o veleno estará apegada á pel. Sábese que xa non queda veleno no corpo cando a pedra se desapega.

Durante o proceso hai que mollala en leite regularmente, e en acabando a operación, antes gardala, hai que lavala outra vez en leite.

     [Información de Toño Núñez. Lugo, novembro de 2016]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: