Medicina
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A fonte de San Ramón en Grobas
En Grobas de Arriba, no concello de Melide (A Coruña), localizábase a desaparecida igrexa de San Ramón, onde aínda pervive a fonte que leva o nome do santo.
Á fonte atribúenselle cualidades propiciatorias, xa que tradicionalmente os homes lavábanlle os pes ás mulleres embarazadas, para que San Ramón lles concedera un bo parto.
[Texto e fotografía remitidos por Xurxo Broz e Cristina Vázquez, de Melide (A Coruña). Febreiro de 2015]
BIBLIOGRAFÍA