Medicina
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Cova das Augas Santas de Rececende
Na parroquia de San Xoán de Rececende, A Pontenova (Lugo) hai unha cova que hoxe ninguén sabe onde ten a entrada e pode que fose tapada. Debeu ser o primeiro lugar onde houbo imaxe de S. Xoán, patrón da parroquia.
Cóntase que nesta cova foi onde se refuxiaron os nativos cando chegaron os mouros á Costa dos Mouros, alertados polo rinchar dun cabalo.
Sendo mei pai moi neno, acompañou a unha muller, parente nosa, que viña co seu filliño tullido das pernas á Cova das Augas Santas. O meu pai levaba unha vela e tiña que procurar que non se lle apagase senón a curación xa non era posible.
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS