Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A fonte da Mina da Lagariza

En Lagariza, Vilar de Ortelle, concello de Pantón (Lugo) hai unha fonte encantada situada na aba dun monte coroado por un castro e coñecida como Fonte da Mina. Esta fonte agacha, debaixo da pía da auga, un tesouro importante gardado por unha cadea de ouro rodeada de lume. Quen queira facerse co tesouro ten que desencantalo desta maneira: debe cubrirse cunha saba branca enchoupada en alcohol e logo tirarse ao medio do lume para que se apague. Sábese que houbo xente que o intentou pero que no momento final recuou; e mellor foi así pois se fallase, se o fixese mal, toda aquela montaña se derrubaría e chegaría rodando ata o río Miño. [Texto elaborado a partir da información achegada por unha descendente da Casa de Lagariza, Vilar de Ortelle, Pantón (Lugo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: