Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 059: Aerólitos

Os aerólitos, meteoritos ou bólidos son masas sólidas, xeralmente brillantes, que circulan a gran velocidade polo espazo. Nalgúns lugares chámanlles fachas porque desprenden luz, e incluso Pedras do Paraíso pois non se descarta que sexan ánimas que van e veñen nas súas peregrinacións penitenciais.

Dise que son anacos que se desprenderon do azul celeste, que atravesan a atmosfera e poden chocar contra a superficie da Terra.

Cando son moitos os aerólitos que andan circulando dise que presaxian o nacemento dalgún santo ou persoa relevante. Se caen nun tellado é sinal de mala sorte. Pola parte de Ferrol din que non se deben reparar os danos do impacto e incluso se recomenda abandonar a casa o antes posible.

Tamén hai quen considera que facerse cun anaco, que se sospeita de ouro, pode facerte rico.

Porén, hai ocasións que o resultado destas aterraxes é unha fermosa paisaxe. Iso di a lenda que sucedeu no Monte Pindo cuxo aspecto é a consecuencia dun aerólito que se escachou en milleiros de anacos que se esparexeron formando o fantástico pedregal que é agora aquel paraíso natural.

SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 20 de novembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: