Lume
 
    
				CATEGORÍAS RELACIONADAS
Luces no cruceiro
Arredor do cruceiro que sinala os lindes entre Ventín, Barreiro e Mosteiro, en Pol (Lugo)sempre se viron cousas raras.
Unha vez, unha noite escura, sen lúa, un home que ía dacabalo andou perdido e non deu chegado á casa ata que amenceu. Contou que vira unhas luces que ían e viñan desde as orelas do  cabalo ata as del. Unhas luces que nin alumaban nin facían ruído.
Outra moita xente contou o mesmo, que se perdían e que as luces ían de atrás para adiante, coma se fosen lume. Eran, ao parecer, meigas.
[Información de Andrea Blanco Fernández, alumna do CEIP Rosalía de Castro, Mosteiro, Pol (Lugo)]





 
				                 
 
			         

