O presaxio da meiga
Había un matrimonio ao cal unha meiga lle dixera que a súa filla ía morrer por culpa dun dente do porco.
A nai da nena procurou evitar ese mal e pechouna nun cuarto para que non a puidese morder ningún porco pero, pola mata, colocaron a carne no cuarto da nena e cando estaba durmindo descolgouse un dente e caeulle na cabeza.
E así foi como morreu a rapaza.
[Recompilación de Cristina García Cibreiro, alumna de 2º de E.S.O. do I.E.S. de Palas de Rei (Lugo), curso 2005-2006, para o traballo escolar “Recuperación da literatura oral do concello de Palas de Rei”, coordinado polo profesor Toño Núñez]