Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Conto Tipo 1854 *] O xastre e a silva

Era un xastre que viña de coser. Era de noite e prendeu nunha silva; o paisano pensou que era un home que termaba del, e dixo:
—Déixame, ho! Déixame, que non che fago mal! Déixame! —e estivo así toda a noite— Déixame, ho!
Pero ata que foi día non se deu conta de que [o que o prendía] era unha silva e colleu as tesoiras e cortouna, e dixo:
—Ai, se foses un home cortábate igual!

[Fonte oral: Amparo García Platero, de Vilameda, Palas de Rei (Lugo). Recompilación de Cristina García Cibreiro, alumna de 2º de E.S.O. do I.E.S. de Palas de Rei (Lugo), curso 2005-2006, para o traballo escolar “Recuperación da literatura oral do concello de Palas de Rei”, coordinado polo profesor Toño Núñez]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: