Actualizado en data 16/07/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

Ditos dos nenos en Navia de Suarna

Lembro cuando era un nenín na Proba de Navia que había certos ditos que se repetían en determinadadas ocasiois.
Un deles era cuando viñas de cortar o pelo, nun tempo en que cho cortaban dun xeito esaxerado. Os rapaces en ton burlesco cantabanche a seguinte rima:

Moucho pelado
faime un arado
faimo de ferro
que de pau non cho quero.

E para mofarse das parelliñas de rapaces que andaban namoriscados amolábamolos cantándolles:

O Xuco e a Xuca
quérense casar;
non teñen diñeiro
para convidar.

[Enviado por Marcos Seixo Pastor, natural de Navia de Suarna (Lugo) e residente en Cuntis (Pontevedra)]

Nota:
Non teño nin idea de quen eran o Xuco e a Xuca, seguramente personaxes pintorescos da historia local


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: