[Oración] Pai noso pequenín (1)
É unha oración de carácter satírico, moi interesante por outro lado para coñecer algunhas peculiaridades lingüísticas da zona oriental de Galiza. Este Pai Noso só mo ensinaron unha vez cando era moi rapaz, hai perto de corenta anos e , non sei por qué, non esquecín unha soa palabra.
Di asi:
Padre noso pequenín
fun ao ceo e volvín
e topei co meu padrín
comendo pan con toucín
e pedinlle un pouquichín
e pegoume co cutielo no fucín.
[Enviado por Marcos Seixo Pastor, natural de Navia de Suarna (Lugo) e residente en Cuntis (Pontevedra)]
Nota:
A oración aprendina na casa de Féliz, onde nacín e me criei, das irmás Alcira, Carmen, Gloria e Pancha, que son como da miña familia. Un chuchín mui forte para elas.