Literatura oral
 
    
			      	
			            Ditos para arredar os nenos
Son mutias as expresiois que a xente emprega para arredar os rapaces ou para tomarlles o pelo, aproveitando a súa inxenuidade e o esaxerado respecto que nalgún tempo tiñan polas persoas maiores. 
Quen non lembra que o afastasen dunha conversa de maiores dicíndolle: “Rapás, vai mirar como mexan as pitas" ou "Vai capar o grilo". 
En terras de Cuntis entre os rituais de iniciación no oficio de canteiro era común mandar ao aprendiz: "Morrón, vaime buscar a pedra de afiar as agullas". Tamén en Cuntis teño escoitado dicirlle a un neno con falso enfado: "Así que foches ti o que lle roubou as ferraduras ao can do cura!" o que sempre me fai lembrar unha frase que me teñen dito de neno en Navia de Suarna: “Nenín, foche tu o que lle plantou lume á fonte de Cachán? 
A o que sempre contestábamos asustados, pois a conciencia do ben e do mal nunca está de todo tranquila: "Non, de verdade que eu non fun! 
En ocasiois teño ouvido rapaces que lle botaban a culpa a outro.
[Enviado por Marcos Seixo Pastor, natural de Navia de Suarna (Lugo) e residente en Cuntis (Pontevedra)]





 
				                 
 
			         

