Actualizado en data 30/08/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Refraneiro] S

Se en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda.
Se non che agrada, fai que non ouves nada.
Se non houbese abril, non habería ano ruín.
Se non viches o cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco, ou quere vir a fin.
Se o corazón fora aceiro, non podía con el o diñeiro.
Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
Se por San Xurxo chove [24 de abril], de cen cereixas quedan nove.
Se queres ter abellas, míraas polas Candeas [A Candelaria, 2 de febreiro], e se queres ter mel, míraas polo San Miguel [29 de setembro].
Se te morde un alacrán, xa non comerás máis pan.
Se te pica un alacrán, chama crego e sancristán.
Se te pica un alacrán, tres días comerás pan.
Se te roe un alacrán, busca viño e busca pan, e máis crego e sancristán, antes hoxe que mañá, pois logo te enterrarán.
Sempre que te abaixes, nunca te rebaixes.
Só me aconsellei e só chorei.
Solla de abril, abre a man e déixaa fuxir.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: