Actualizado en data 14/03/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Refraneiro] N

Na acea, primeiro moe o que primeiro chega.
Na casa do abade, comede e levade.
Na terra e no mar, afógase o que non sabe nadar.
Neno criado por avó, nunca é bo.
Neve en abril, cobras en marzo.
No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo.
No abril mata o porco no cubil, e no maio, mátao dun ano.
No abril sae o cuco do cubil.
No abril, cada pingota de auga vale por mil.
No abril, chuvia que encha o carro e o carril.
No mes de abril fai queixos mil, no de maio, tres ou catro.
No mes morto [decembro] nin capes o porco nin poñas o horto.
Non creas ó que vén da acea senón ó que volve a ela.
Non digas ai!, que deshonras a teu pai.
Non dure máis a mala veciña que a neve marceliña.
Non é boa veciña a que dá agulla sen liña.
Non hai mellor acordo que o do trasacordo.
Non hai sardiña sen espiña.
Non se debe aconsellar ir á guerra nin casar.
Nunca foi o acordo mellor que o trasacordo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: