Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

[Ditos e refráns dos cogomelos] Cando as caracochas...

“Cando as caracochas empezan a pingar, os fígados podes atopar “
Nomes: Fígado, Lingua de boi, Asadura (Fistulina hepática).
Este é un dos cogomelos que se comía, e come, en cru. Os cazadores, pastores e os
desaparecidos carboeiros mondábana e comíana en anacos pequenos e ben mastigados cando tiñan sede.
Cando os castiñeiros vellos dan as súas primeiras castañas é fácil atopar estes cogomelos.
Tamén nos carballos se dan estes cogomelos; se se fan encebolados moita xente compáraos co fígado de porco con cebola.

[Texto e foto achegados por Cristovo Ruíz Leivas]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: