Actualizado en data 18/05/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Cancioneiro Popular Galego

Título: Cancioneiro Popular Galego
Editorial: Follas Novas
Ano de publicación: 2005.
Lugar de publicación: Santiago de Compostela
ISBN: 84-85385-90-X
Autor: Álvaro DE LAS CASAS (Edición facsimilar. Introdución de Armando Requeixo)
Ilustracións. Baldo Ramos.
Descripción: 94 páx.
Colección: Libros da Frouma

[Da Introdución, por Armando Requeixo]
...coido que o interese do libro vén dado por tres outras razóns: a primeira ten que ver co seu carácter de summa compiladora dentro da produción do ourensán, que dá aquí o mellor dos seus froitos como investigador da tradición literaria oral, ofrecendo un volume amplo e compensado, onde teñen cabida cantares de moi diverso tipo e procedencia; a segunda explícase polo feito de ser esta unha monografía que, polo lugar no que foi publicada, necesariamente houbo cumprir un valioso papel duplo: de simpátetico proceso de evocación identitaria das orixes para os emigrantes galegos e de accesible fiestra dende a que descubrir tal tradición literaria para os suramericanos non instalados na nosa cultura; e a terceira e última das razóns céntrase no alcance histórico da obra, o primeiro dos traballos de entidade sobre a literatura galega de tradición oral publicado en libro logo do inicio da Guerra Civil, nun tempo no que non só escasearon as monografías sobre desta temática, senón, en xeral, calquera clase de escrito na nosa lingua.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: