Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Refraneiro] O

O abade de aldea, se ben xanta, mellor cea.
O abade do que canta, xanta.
Ó abade e ó xudeo dálles un ovo e pedirancho fritido.
Ó abade moi falangueiro, gústalle andar polo rueiro.
Ó abade roupa nova e por limpar.
Ó abade vello, polos e coello.
O abade, onde canta é onde xanta.
O aceite da oliveira, curas as doenzas.
O aceite das cepas, cura moitas doenzas.
O aceite é armeiro, reloxeiro, cociñeiro e curandeiro.
O aceite, en calando; a manteiga, en ruxindo.
O aforrar non é por moito madrugar.
O aforrra non é por moito traballar senón por moito gañar e pouco gastar.
O agradecemento é un novo merecemento.
O aire e o sol de marzo queiman as donas no pazo.
O aire que corre muda o catavento, mais non a torre.
O alabardeiro fai da palla diñeiro.
Ó albéitar non lle doe a carne da besta.
O alguacil con andar e o muíño con moer, gañan para comer.
Ó alguacil de Sala, moita adehala [propina, gratificación].
O alguacil e o escribán arrapañan canto lles dan.
O bo avogado non é bo veciño / O bo avogado non é mal veciño.
O frío de abril mata o porco no seu cubil.
O máis acordado, máis esquecido.
O oficio do albardeiro é meter palla e sacar diñeiro.
O que achega un, derrámano outros.
O que aforra sempre ten.
O que agarda polo que vén de fóra, agarda polo que vén tarde e sen hora.
O que con moitos se aconsella, fai o que non debera.
O que consigo se aconsella, consigo se desconsella.
O que di ai! ó erguerse e ai! ó sentarse, non sirve para casar.
O que é bo abade, fai bo do mal sancristán.
O que está afeito a mandar non se afai ben a servir.
Ó que está coidando da súa tenda non se lle achaca contenda.
O que está colleito cando chove é ben parvo se se move; e se se moll, é ben burro se se anoxa.
O que está na cea, moe, e non o que vai e non volve.
O que foi do teu agrado, foi medio mercado.
O que mata unha abella ten cen anos de pena, e o que mata un abellón ten cen anos de perdón.
O que moito agarra, pouco aperta.
O que moito quere agarrar, pouco lle dan a apreixar.
Ó que moito se agacha véselle o que por sabido se cala.
O que non abre os ollos ten moitas veces que abrir a faldriqueira.
O que non acontece nun ano, acontece no instantiño menos pensado.
O que non aforra a leña, non aforra cousa que teña.
O que non agradece, ó demo se parece.
O que non é agradecido, non é ben nacido.
Ó que non está afeito ás bragas, as costuras fanlle chagas.
O que non garda leña para abril, non sabe vivir.
O que non pode, cos dentes acode.
O que non sabe dos mimos do avó, non sabe o que é bo.
O que non se alaba, de ruín morre.
O que non ten acordo, que teña folgo.
O que sabe agradecer, traballa para máis merecer.
O que teña ás para voar, logo atopará un pombal.
O que un aborrece, outro o apetece.
O que vai ó avogado, poucas veces volve desconsolado.
O resío de agosto dá polo rostro.
Ó teu abade dille sempre a verdade.
Ó teu avogado non o traias enganado.
Ós escachos no abril, non hai máis que lle pedir.
Os pecados dos nosos avós fixéronos eles e pagámolos nós.
Os resíos de agosto son mel e mosto.


BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: