Contos do Valadouro (1ª ed.)
Título: Contos do Valadouro. Editorial: A Nosa Terra. Ano de publicación: 1998. Lugar de publicación: Vigo. ISBN: 84-89976-45-7. Colección: Biblioteca A Nosa Terra. Autores: Xesús PISÓN , Manuel LOURENZO , Isaac FERREIRA. Ilustracións: Xesús Pisón. Os autores deste libro, fillos do Valadouro, ofrecen unha viaxe de volta aos tempos recuados da infancia e da xuventude —persoal e colectivamente concebida como diálogo entre dúas culturas de nós— cando os animais naturalmente falaban e a realidade societaria se peneiraba pola razón simbólica ou era atravesada polo realismo máxico. Unha colección de contos que é unha mostra da riqueza literaria conservada no Valadouro ao longo dos séculos. [Existe unha nova edición, corrixida e aumentada, con trescentos seis relatos, publicada por Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 2005]
![]() |