Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 01 (2005).-NOIA CAMPOS, Camiño: O conto de tradición oral

Autora: NOIA CAMPOS, Camiño. Título: O conto de tradición oral. Revista de Investigación 1, 2005. ISSN 1887-2859. URL: http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=34&id=474 [Traballo publicado anteriormente en V Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional. A tradición oral (Homenaxe a Xaquín Lorenzo), Asociación Cultural Canle de Lira, Carnota, 2005, páx. 115-135 ] O conto coma patrimonio do pobo O conto de tradición oral, ou folclórico, é un dos xéneros da literatura popular que, xunto ás lendas, ós romances e ás cantigas, viviu no seo das comunidades rurais transmitíndose a través da oralidade de xeración en xeración, ata ben entrado o século XX. Os contos entretiñan o tempo de lecer e os traballos domésticos e tiñan tamén a finalidade de mostrar normas de conduta social e de explicar ás xeracións máis novas o proceso da vida e os fenómenos da natureza que, imposibles de entender como creación humana, eran considerados misterios atribuídos á acción de seres superiores. Así hai que entender os exemplos paradigmáticos dos contos de animais e a simboloxía dos marabillosos, como unha maneira de interpretar a vida e os comportamentos humanos na loita por sobrevivir nun mundo de miserias. Cos contos transmítenselles e ós máis novos os mitos e as crenzas da comunidade. »Os nosos devanceiros explicaron o mundo e os seus misterios a través dos contos. A orixe da vida, a morte, a relación familiar, a independencia dos fillos, a saída e a posta do sol interpretábanse con historias simbólicas e cos mitos de antigas tradicións. O pobo entendía que a literatura herdada dos devanceiros formaba parte dun saber ancestral de orixe descoñecida que pertencía ó seu patrimonio cultural». Os contos tiñas diversas funcións na vida da comunidade. Consonte fosen os distintos compoñentes que partipasen no acto de contar, o público, o espazo e a época histórica, os e as contacontos daríanlle primacía a unha das funcións sobre as demais. Nas tarefas cotiás do campo (a debulla, as fiadas, a mazadura do leite, o trenzado de sombreiros...) ou nas noites a pé do lume contaríanse contos de lecer, divertidos ou de medo. En cambio, nas asembleas dos torreiros e nos adros das igrexas relataríanse contos cunha intención especialmente didáctica, moi evidente nalgúns contos e lendas que enxalzan accións xulgadas como exemplares. Noutros casos, o didactismo está no castigo que reciben os personaxes que incumpren as normas sociais, como sucede nos contos de cregos, xuíces ou avogados, críticos co seu comportamento. A diversidade de funcións sociais exercida pola narrativa oral explica, en parte, a variedade de temas e o tipo de contos que hai. A función dos contacontos foi fundamental nas vellas comunidades. Walter Benjamin (1999:115) salienta o seu papel de orientadores de condutas sociais a través dunha historia que os receptores escoitaban con atención. E, xa no seu tempo, sinalou que a función didáctica dos contos fora desaparecendo e que a arte de contar se achegaba ó final. A función instrutiva dos contos é indiscutible, súa a interpretación estivo sempre en relación co contexto socio-cultural no que se referían. E na cristianizada sociedade medieval dos países europeos a xente entendía que o mundo se ordenaba arredor de dous polos antagónicos constituídos polo Ben e polo Mal, que aparecían representados nas figuras de Deus e do Demo. Ambos personaxes simbolizaban a loita dos humanos desde o comezo da creación no Paraíso Terreal. Con ese principio básico, as clases hexemónicas, o poder político e relixioso, controlaban o comportamento do pobo e a xente tentaba explicar os comportamentos sociais. E dado que calquera obra folclórica supón a existencia dun grupo social non hexemónico que a acepta e a sustenta, os contos tradicionais viviron nas comunidade campesiñas, sometidos ás normas de comportamento que, malia non estaren definidas de forma explícita, eran ben coñecidas dos seus membros. Roman Jackobson (1973:60-62), no xa


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: