Actualizado en data 25/05/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Refraneiro] E

En abril ábrelle a porta ó gando e déixao ir.
En abril cada pingueira de auga vale por mil.
En abril e maio fai fariña para todo o ano.
En abril inda está o porco no cubil.
En abril os espárragos para min e en maio para meu amo.
En abril, augas mil, e en maio, tres ou catro.
En abril, chuvias ir e chuvias vir.
En abril, déixame durmir, que en maio de meu me caio.
En abril, espigas mil.
En abril, ponte o capelo ruín.
En agosto as castañas arder, e en setembro, beber.
En agosto está a auga tras do toxo.
En agosto o porco pon o entrecosto.
En agosto secan os montes e en setembro as fontes.
En agosto, nin viño, nin muller, nin mosto.
En agosto, viño mosto.
En agsoto, sol posto, noite connosco.
En marzo, iguarzo; antes a tres que non a catro.
Entre marzo e abril, se non vén o cuco quere vir á fin.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: