Literatura oral
[Refraneiro] D
Dá Deus ás á formiga para morrer máis axiña.
De abril a abril, volven as augas por onde adoitaban vir.
De achaque non ten mester o mal home que mal quere facer.
De aquí a alá, quen sabe o que pasará!
De aquí a alá, quen sabe o que será!
Deixemos os avós e sexamos nós bos.
Dime de que te alabas e direiche o que che falta.
Dixo un paxaro no souto: o que antes acabe que axude ó outro.
Do moito uso vén o abuso.
BIBLIOGRAFÍA