Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Refraneiro] C

Cada un achega a brasa á súa sardiña.
Cando a acea está parada, nin dá proveito, nin gaña nada.
Cando abril recacha, inda a vella queima a racha.
Cando non hai fariña sobre a paeneira.
Cando se afía o aceiro, gárdase a pluma e o tinteiro.
Canto máis se agacha un, máis se lle ve o cu.
Canto máis un se abaixa, máis ás veces se ensalza.
Cara abaixo todos os santos axudan.
Cava fondo e terás colleita abondo.
Chova para min abril e maio e para ti todo o ano.
Chova por abril e maio e non chova en todo o ano.
Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano.
Chuvia de abril non perdoa ó carro nin ó carril.
Co aceite non se pode andar sen se lixxar.
Co aire do poñente, solta os bois e vente.
Co aire soán, cata a auga na man, tanto no inverno como no verán.
Coida que acerta e ben se equivoca o que deixa averea pola corredoira.
Comen uns a froita aceda e outros teñen a denteira.
Comerás do porco e xa verás como mudas de acordo.
Comida a aceitona [oliva], bota o óso fóra.
Como canta o abade, respóndelle o sancristán.
Con abades non rifedes nin vos metades.
Con abades nunca preitos teñades.
Con aceitonas [olivas] e pan quente, morre a xente.
Con achaque de amistade moitos fan falsedade.
Con achaque de amistade moitos fan ruindade.
Con afán gáñase o pan.
Con pequena aguillada non se guía ben a xugada.
Coser e facer albardas, todo é dar puntadas.
Cría corvos e quitaranche os ollos.
Criada por avoa, nunca é boa.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: