Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Refraneiro] A

A abella e a ovella, en abril deixan a pelexa.
A adega cheira ó viño que ten.
A albarda debe ser conforme ó burro.
A auga de abril enche o carro e o carril.
A boa ama non pode estar na cama.
A cabalo regalado non lle mires o dente.
A cabra viciosa dá co corno no cu.
A castaña que está no camiño é do veciño.
A castaña, a primeira; a noz, a postreira.
A chuvia no mes de agosto non é chuvia, que é mosto.
Á curta ou á larga, todo acaba.
A mal abade, mal sancristán.
A mal tempo, boa cara.
A onde foras, fai o que viras.
A peor alancada é a da porta.
Á primeira aixadada non contes con atopar auga.
A que non tivo acariño da avoa, non sabe o que é cousa boa.
A quen lle has dar a cea non lle negues a merenda.
A quen madruga Deus o axuda.
A quen tes que acalar, non o fagas chorar.
A quen tes que agarimar, non o fagas chorar.
A regla da serradura, de cintura.
A ruín abade, ruín monaguillo.
A sombra quere ser de agosto e o sol de setembro.
A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.
A verza a crecer e a porcelana a cocer.
A vida na aldea déalla Deus a quen a desexa.
Abade de aldea, moito canta e pouco medra.
Abade de bamba, o que non pode comer dáo pola súa alma.
Abade de moita bamba, que di que non come e ben que se farta.
Abade que comeu da ola, aínda ás veces quer da cazola.
Abade que foi monaguillo, ben sabe quen bebe o viño.
Abella e ovella, e pedra que trebella.
Abellas revoltas, tempestades ás voltas.
Abriga a neve ó trigo como abriga unha nai ó seu fillo.
Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
Abril a lá carda e maio leva a fama.
Abril chove para as xentes e maio para as bestas.
Abril chovedeiro, enche o cabaceiro.
Abril e maio son as chaves do ano.
Abril esfola pero maio amola.
Abril frío e fornos quentes, alegría para os meus dentes.
Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gando.
Abril frío quere compango, viño e pantrigo.
Abril frío trae poias de trigo.
Abril frío, moito pan e pouco viño.
Abril frío, pan e viño.
Abril mollado, malo na horta e bo no campo.
Abril para ser abril ten que vir con augas mil.
Abril pare os froitos e maio lévaos ó lombo.
Abril que non chove deixa ó labrego pobre.
Abril quente e mollado, carga o carro e engorda o gando.
Abril se por mal quere vir, inda as portas non deixa abrir.
Abril, abril, de cen en cen anos deberas vir.
Abril, atoldado e pouco mollado.
Abril, augas mil escoadas por un mandil.
Abril, augas mil peneiradas nun candil.
Abril, augas mil, senón ó comezo, ó medio ou ó fin.
Abril, o do bo durmir.
Abril, pendoril; maio,engraio e San Xoán, segaio.
Abrir para que entren na leira é facer unha estragueira.
Abrís bos e bos fidalgos, andan escasos.
Abrís e cabalaeiros, son ás veces traizoeiros.
Acá como acá, e alá como alá.
Acá e alá malas fadas hai.
Acá non me vexan pasar mal que non inferno non me verán pernexar.
Acá xa bemos o que hai, e alá, que haberá?
Aceite o de arriba, viño o do medio e mel o do fondo.
Aceite, carne, pantrigo e sal, mercaduría real.
Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
Aceite, o de enriba, viño, o do medio,; mel, o do fondo.
Aceite, viño e amigo, mellor canto máis antigo.
Aceitona [oliva] e fortuna, ás veces moitas e ás veces ningunha.
Aceitona [oliva], unha abonda.
Aceitona [oliva], unha é ouro; dúas, prata; a terceira, mata.
Aceitona [oliva], unha por San Xoán, e un cento por Nadal.
Aceitona [oliva], unha soa; dúas mellor e tres, peor.
Aceitona [oliva], unha; e se é boa, unha ducia.
Aceitonas [olivas] acedas, pan con elas.
Acértao ti, que cha che direi o que é / Acértao ti, que xa cho direi.
Acha tirada sirve para racha.
Achaque ó pelello que sabe ó pez.
Achaque quere a morte.
Achaque queren as cousas.
Achaque queren as malas novas.
Achega o achegador para o bo derramador.
Achégate ós bos e serás un deles.
Aconsellar non é dar.
Aconsellar non é mandar nin rogar.
Aconséllate con quen saiba, e se queres aceptar, aceptas.
Aconselloume meu pai que terque

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: