Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[conto] O Outeiro da Pedra Furada

No Outeiro da Pedra Furada,
había un bacelo que a vella plantara.
Veu a cabra e comeu o bacelo,
do Outeiro da Pedra Furada
que a vella plantara.
Veu o pau a bater á cabra,
porque comeu o bacelo
do Outeiro da Pedra Furada
que a vella plantara.
Veu o lume e queimou o pau,
porque batera á cabra,
que comeu o bacelo
do Outeiro da Pedra Furada
que a vella plantara.
Veu a auga que apagou o lume,
porque queimou o pau,
que batera á cabra,
que comera o bacelo
do Outeiro da Pedra Furada
que a vella plantara.
Veu a vaca a beber a auga,
porque apagara o lume,
que queimou o pau,
que batera á cabra,
que comera o bacelo
do Outeiro da Pedra Furada
que a vella plantara.
Veu o boi e matou a vaca
porque bebera a auga ,
[que apagara o lume]*
que queimou o pau,
que batera á cabra,
que comera o bacelo
do Outeiro da Pedra Furada
que a vella plantara.
Veu o lobo e comeu o boi,
porque matara a vaca,
que bebera a auga,
que apagou o lume,
que queimara o pau,
que batera á cabra,
que comera o bacelo
do Outeiro da Pedra Furada
que a vella plantara.
Veu o cazador e cazou ó lobo
porque comera o boi,
que matara a vaca,
que bebera a auga,
que apagara o lume,
que queimou o pau,
que batera á cabra,
que comera o bacelo
do Outeiro da Pedra Furada
que a vella plantara.

[Conto recompilado pola alumna Débora Fariña, do CEIP Santo André de Xeve, Pontevedra, do seu tío Paco de Verducido]

[...]* Verso que non figura na versión orixinal e que engadimos para que a cadea acumulativa se manteña.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Pareceume moi interesante porque eu lle queiro ensinar a miña filla a literatura galega e esta páxina axudame moito,grazas galicia encantada!

Enviado por María de los pilares viscalla o 14/12/2017 ás 13:03:03


Enviar comentario a este artigo: